Sub-comandante Marcos: “Acubíllanos a bandeira da Rebeldía, como hai 20 anos”

subcomandante-marcos

Na véspera do vixésimo aniversario da insurrección armada do Exército Zapatista de Liberación Nacional ( EZLN ), o sub-comandante Marcos sostivo nun comunicado : “A Rebelión non é patrimonio exclusivo dos zapatistas. E iso é algo que hai que celebrar. En todas as partes, todos os días e todas as horas”.

“É territorio zapatista, é Chiapas, é México, é Latinoamérica, é a Terra. E é decembro de 2013, vai frío como hai 20 anos e, como daquela, hoxe unha bandeira danos acubillo: a da rebeldía”. Así conclúe o comunicado zapatista que se distribuíu nas comunidades indíxenas nas vésperas do aniversario daquel 1 de xaneiro de 1994 no que aconteceu a insurrección do EZLN. Un comunicado escrito no estilo que o zapatismo fixo xa marca da casa e no que a poesía é, como dicía aquel vasco, un arma cargada de futuro. Entre os temas tratados, o papel dos medios de comunicación, as responsabilidades dos gobernos, a necesidade de manter a rebeldía...

“Porque a loita é colectiva, mais a decisión de loitar é individual, persoal, íntima, como o é a de seguir ou claudicar”.