O Supremo británico ditamina que o 'Brexit' require aprobación do Parlamento

Parlamento británico

O goberno non ten facultades para poder activar a marcha da Unión Europea, establece na resolución.

O Tribunal Supremo británico ditaminou esta quinta feira que a primeira ministra non é quen para activar o 'Brexit', a marcha do país da Unión Europea, sen recibir antes a aprobación do Parlamento. Unha decisión que supón un duro golpe para o goberno conservador, que mantiña que si podía facelo. O 'Brexit' xerou debates e análises constitucionais en torno ao equilibro de poder entre o Parlamento e o goberno británicos.

Theresa May, primeira ministra, dixo que comezaría as negociacións para marchar da UE antes do 31 de marzo de 2017. Acolleuse a unha competencia coñecida como “prerrogativa real” e que permite ao goberno retirarse dos tratados internacionais. Porén, os demandantes – un grupo heteroxéneo de opositores ao 'Brexit'- indicaron que abandonar a UE supón ficar sen sereitos como a libre circulación, polo que o 'Brexit' non pode activarse sen aprobación parlamentar. O seu argumento, ademais, baseouse en que o referendo de xuño non era vinculante e que, plo tanto, o goberno non pode activar o artigo 50 do Tratado de Lisboa que establece que un estado membro pode marchar da UE, pois iso compete ao parlamento.