Torra anuncia a ruptura de relacións do Govern coa coroa española

“Non somos súbitos, somos cidadáns”, afirma o president ao tempo que lembra que nas eleccións do 21D en Catalunya a vitoria foi para os “republicanos

Quim Torra, president da Generalitat, asistirá finalmente á inauguración dos Jocs Mediterranis de Tarragona, onde coincidirá con Felipe VI. Faino embora anunciar a ruptura de relacións do Govern catalá coa coroa española. Un anunciou que fixo a través dunha declaración institucional na que tivo palabras moi duras co monarca español. Torra explicou que ningún membro do Govern asistirá a actos convocados pola Casa Real e que vai renunciar ao cargo de vicepresident de honra da ¡Fundació Princesa de Girona.

 

“Non expresou nin una palabra de apoio aos represaliados do 1-O. Pedimos ser escoitados, abrimos portas e xanelas mais os esforzos só se realizaron desde o noso lado”, dixo o president. Torra exixíu diálogo e negociación para facer efectiva a “recuperación das liberdades”. “Queremos dignidade e non fotografías. Queremos dignidade e o respecto á vontade do pobo de Catalunya”. ”

 

Anunciou, ademais, que fará entrega a Felipe VI dun informe do Síndic de Greuges (Valedor do Pobo catalán) sobre a violencia policial no 1-O e lembrou que nas eleccións do 21D en Catalunya a vitoria foi para os “republicanos”.