Tractorada de gandeiros portugueses para exixir “a regulación pública da produción” nos estados da UE

Tractorada en Galiza

A Associação Portuguesa de Produtores de Leite e Carne (APPLC) critican a ausencia de vontade política para resolver os problemas do sector leiteiro.

O vindeiro 23 de agosto unha marcha lenta de tractores percorrerá localidades de Aveiro para denunciar a difícil situación que desde hai meses atravesan os produtores de leite e carne portugueses e a ausencia de vontade política na Unión Europea “para atacar o problema de fondo”. A A Associação Portuguesa de Produtores de Leite e Carne (APPLC) afirma que o único que a UE fai no medio dun problema tan importante é ofrecer “farangullas”, “pequenas subvencións” que non resolven os problemas. A UE non é allea ás causas da crise no sector leiteiro, denuncian na Applc, que lembra o remate das cotas nos estados membros e o fechamento de numerosas explotacións gandeiras.

Os produtores de leite e carne defenden igualmente que "Portugal non precisa de diminuir a produçción porque produz de acordo coa súa necesidade de consumo", e aposta na regulación pública da produción nos diferentes estados membros da UE. Nos últimos meses os gandeiros portugueses protagonizaron diferentes mobilizacións e protestos ante a crise que atravesa o sector.