O tribunal de Sardeña deixa Puigdemont en liberdade
O xuíz sardo deixa en liberdade o president Carles Puigdemont sen ningunha medida cautelar.
O xefe da oficina do president, Josep Lluís Alay, explicou na tarde da sexta feira que o xuíz sardo deixou en liberdade Puigdemont sen medida cautelar ningunha.
Mañá deberá declarar perante a corte de apelación de Sassari, que debe decidir sobre a legalidade da súa detención no aeroporto de L’Alguer, en Sardeña.
“Agora temos que esperar que o xuíz dite a súa saída inmediata do cárcere e deberá quedar uns días en Sardeña para que continúe o proceso que iniciou España de extradición”.
Alay sinalou que “probabelmente sairá hoxe do cárcere e terémolo en Alguer celebrando o Adifolk”.
Fica agora pendente de pasar a disposición da Corte de Apelación de Sassari, que é a competente para decidir se o poñen en liberdade ou é extraditado. A defensa de Puigdemont xa anunciara que presentaría unha demanda de medidas cautelarísimas ao Tribunal Xeral da Unión Europea.
O Govern catalán en bloque compareceu para exixir a liberación de Puigdemont. Ademais, varios colectivos convocaron unha manifestación para as 12 horas do domingo contra a detención do president.
Por outra parte, esta sexta feira, o xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, defendeu a mesa de diálogo con Catalunya e aseverou que Puigdemont "debe comparecer e someterse á xustiza".