Ucraína disolve o Parlamento de Crimea na véspera do referendo

crimea-referendum-afp

A Rada suprema aprobou a medida na mañá deste sábado, horas antes de que @s crime@s realicen o referendo para decidir o seu 'status'. Ucraína di que a decisión entra en vigor ''de inmediato'', mais non explica como a fará cumprir nunha península sobre a que non ten xa dominio.

A Rada supremo (parlamento) de Ucraína aprobou este sábado disolver a Asemblea Popular de Crimea. Decisión adoptada cos votos de 278 d@s 296 deputad@s presentes da cámara ubicada en Kiev ( e que consta de 449 membros). A Rada afirma que a decisión é de aplicación inmediata, mais vai ser difícil que iso vaia alén dunha declaración de intencións. Crimea realiza mañá o referendo para decidir o seu status (e todo apunta a que gañará unirse a Rusia) e Kiev non ten desde hai semanas ningún poder de coerción nesta península.

Mentres o parlamento ucraíno adoptaba esta decisión, en Donetsk (rexión rusófila) estaba ase preparar unha marcha en apoio ao referendo de Crimea. Nas últimas horas, e en diversos puntos do leste de Ucraína, téñense producido incidentes e enfrontamentos entre partidari@s de Kiev e opositores ao novo rexime. As autoridades recoñecen 2 mortos.

Mañá domingo Crimea decidirá através dunha consulta popular se finalmente se anexiona ou non a Rusia --territorio do que tomou parte até 1954 cando foi agasallada por Kruchev a Ucraína. Perante unha inminente e máis que probábel independencia --as forzas pro-rusas son maioritarias en Crimea, estanse a intensificar desde os contactos diplomáticos até as manobras militares por parte dos diferentes actores neste conflicto.

Consello de Seguridade

EUA quer levar ao Consello de Seguranza da ONU unha iniciativa para que se declare ilegal a consulta en Crimea. Mais non é máis que unha 'mensaxe' de Estados Unidos, pois Rusia ten o dereito a veto. Iso si, Whashington está a intesificar contactos coa UE para que esta afirme explicitamente que non recoñecerá o resultado do referendo.

Mentres, Rusia aumentou o movemento das súas tropas en  Bielorrusia mentres a OTAN se manten en alerta desde Lituania, Letonia e Romanía