Os rebeldes pro-rus@s desafían o ultimato de Kiev e non abandonan os edificios
O goberno ucraíno concentrou tropas das forzas armadas no leste de Ucraína. Deu até as 8:00 horas aos rebeldes pro-rusos para que deixen os edificios gobernamentais que ocuparon nestes días. De non facelo, advirten, intervirá o exército. Mais @s ocupantes non deixan as instalacións e din que alí seguirán.
Dous mortos e media ducia de feridos é o resultado dos intercambios de disparos en Salianks entre forzas ucraínas e rebeldes pro-rusos nesta fin de semana. Mais o que neses días foron escaramuzas, pode a partires desta segunda feira derivar en situacións moito máis graves. Kiev deu de prazo ate as 8:00 de hoxe aos activistas que ocupan edificios gobernamentais en Donetsk e outras zonas. De non facelo, advirte dará orde ás tropas das forzas armadas que nestas horas foi acumulando no leste de Ucraína de intervir.
Moscú xa cualificou de “criminal” a decisión de Kiev “de empregar o exército para sufocar protestas cidadás”. A petición de Rusia, esta madrugada houbo xuntanza do Consello de Seguridade da ONU (a décima sobre a crise ucraína). Estados Unidos acusou a Moscú de “prefabricar” a situación
“Escrita e coreografiada por Rusia”
A embaixadora estadounidense ante a ONU, Samantha Powll, acusou a Rusia de “escribir e corografiar” o que pasa en Donetsk. Unha acusación partillada por UE e OTAN.
A OTAN mesmo advertiu que non vai permitir un “despezamento” de Ucraína de ningún xeito. O representante permanente de Rusia ante a ONU pediu a Ucraína, países europeos e EUA que “eviten unha guerra civil, de vostedes depende”.
Resistencia
Os e as ocupantes de edificios gobernamentais, que piden ás autoridades que recoñeza a auto-determinación dos territorios do leste, manteñen desde hai días ocupadas as dependencias. Desde comisarías de policía até sedes de goberno rexional.
Aos pés destes edificios foron concentrándose cidadáns para mostrarlles o apoio e facer de 'escudos humanos' ante unha eventual intervención do exército ucraíno.
Paramilitares fascistas
Desde medios de Donetsk e axencias rusas alertouse da presenza de 150 ultras da organización fascista ucraína 'Sector Dereito' fortemente armados. Denuncian que xa actuaron en determinados barrios de Slavianks contra manifestantes e activistas pro-rusos.