Escalada represiva

O único camión con canón de auga do que dispón Interior xa está en Catalunya

O camión de auga fotografado por un automovilista

Nunca utilizado até o de agora, o polémico vehículo custoulle ás arcas públicas 350.000 euros e foi adquirido, após a aprobación da Lei de Seguranza Cidade, en 2014.

A unidade antidisturbios da Policía Nacional só dispón dun vehículo destas características. Está equipado con 7.000 litros de auga e está concebido para disolver as masas. Desaparecido por espazo de dúas décadas, o camión con canón de auga foi reintroducido ao abeiro da Lei Mordaza e a súa reaparición provocou duras críticas por parte das entidades defensoras dos dereitos humanos e as liberdades cívicas.

 

Interior afirma que o seu envío é preventivo e que non contempla o seu uso. Porén, o noticia do seu desprazamento -que non pasou desapercibido para moitos automovistas, algúns dos cais gravaron vídeos do vehículo en marcha- mostra até que ponto o Estado reforza o perfil represivo da súa estratexia en Catalunya.

 

O camión con canón de auga xa está no porto da Zona Franca de Barcelona a acompañar os miles de vehículos policiais desprazados por Interior a Catalunya nos últimos días.