Explosición no metro de Londres declarada "acto terrorista"

@EmmaStevie1

Foi na estación de Parsons Green. No mínimo, 18 persoas feridas. A Policía confirma que foi un artefacto explosivo de fabricación caseira.

Unha explosión no metro de Londres, na estación de Parsons Green, deixa no mínimo 18 persoas feridas. O estoupido teríase producido nun contentor branco. A Policía considera que é un "acto terrorista" e confirma que foi un artefacto explosivo de fabricación caseira. .

 

Segundo as primeiras testemuñas, houbo un flash e unha nube de fume. Medios británicos, como Metro, falan dun segundo artefacto que foi desactivado e de que as forzas de seguridade procuran un varón armado cun coitelo.

 

A polícia britânica recomenda, no Twitter, evitar transitar pola zona de Parsons Green. A primeira ministra Theresa May convocou unha rxuntanza de emerxencia para o início desta tarde e manifestou a sua solidariedade cos feridos.

 

En ampliación