A virada copernicana de Filipinas
A Presidencia de Rodrigo Duterte mudou de maneira radical a política do país asiático. Analizamos a virada copernicana de Filipinas no Sermos Galiza 230, xa á venda na loxa. Eis un extracto da reportaxe.
Apenas seis meses despois da súa chegada ao poder, a Presidencia de Rodrigo Duterte á fronte do goberno de Filipinas xa supuxo importantes mudanzas no país. Controvertido e criticado, Duterte insiste desde a Presidencia na mesma retórica incendiaria que o levou á vitoria electoral o pasado 9 de maio. O seu discurso céntrase no combate radical e, aparentemente, sen límites, contra a corrupción, a criminalidade e as drogas. Os tres principais problemas do país. No entanto, a maior mudanza atinxe ao relacionamento internacional no que apostan en romper con Washington e, en troca, profundar na parcería con China e Rusia.