A Mesa exíxelle a Feijóo que desista na teima de manter vixente "un decreto cadaverizado"
"O que ten que facer Feijóo é procurar unha nova norma que se axuste ao Estatuto, á Lei de normalización lingüística, ao Plan xeral de normalización da lingua galega e á Carta europea das linguas".
Así o defendeu esta quinta feira o presidente da Mesa, Carlos Callóns, quen considera que o presidente da Xunta, coa súa decisión de non recorrer o decreto do galego perante do Tribunal Supremo, pretende manter en vigor unha norma "cadaverizada" polo TSXG, que ditou até seis sentenzas en contra dos dous artigos que dan forma á política lingüística do PP.
Dixo Núñez Feijóo que, ao pugar a norma deses dous artigos, aquela pode ficar en vigor. Acrecentou que as resolucións do Superior galego non impiden a consulta ás familias "senón que esta sexa vinculante". A consellaría de Educación seguirá a a realizar, recalcando o presidente galego que "para esta Xunta" a opinión dos e das proxenitoras "é determinante".
No entanto, A Mesa exíxelle a Feijóo que "deixe de mentir e asuma as contundentes sentenzas" que rexeitaron, por seren ilegais, os dous alicerces fundamentais do decreto do PP contra o galego no ensino: : a consulta ás familias e a libre escolla de idioma por parte do alumnado.