Os aburridos apampan e os apampados aletargan
Acatimado/a.- (Ademais de significados rexistrados). Aburrido/a.
Exemplo: Xa estamos acatimados de que chova.
Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna (recollida en Castañedo).
Fonte.- Berta Fdez. Otero/Endl Navia de Suarna.
Pambolas.- Persoa apampada.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.
Pampalampán.- Apampado, abobado.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.
Papoxo/a.- (Con intención cariñosa e referido aos nenos pola súa inxenuidade) Papán, pampán.
Exemplo: Que papoxo!
Lugar de escoita.- San Roque (Vigo)
Fonte.- Begoña Caldas Rodríguez.
Paxarada.- Paxaretada, parvada, bobada.
Lugar de escoita.- Sto. Adrán de Cobres (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Paxaratada/ paxaretada.- Parvada, bobada.
Exemplos: “Iso son paxaratadas”, “Todo son paxaretadas baratas”.
Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Recordero.- (1) Discurso longo e aburrido. (2) Amoestación.
Exemplos: (1) “Non volvo máis ás conferencias dese home, co recordero de hoxe chegoume abondo”. (2) Vaiche caer un bo recordero cando saiban na casa que suspendiches!”
Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).
Fonte.- Mario Ferreira.
Outros apuntamentos.- A fonte apunta que vén do latín recorderis, que era como comezaban uns responsos de defuntos.
Palabras con Memoria é unha sección que coordena a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Todo o material podes consultalo aquí.
Se queres achegar algunha palabra que non apareza nos dicionarios, dirixe as túas propostas ao correo palabra.con.memoria@