Arzúa tira o Z polo Ç para acoller o 5 de xullo as mil e unha formas mundiais do galego

A vila será a sede da III edición do festival éMundial, impulsado pola AGAL, un evento para nos regordear nun idioma universal con cheas de actividades nun marco de convivio.

Queres música? Haberá música. Queres convivio? Haberá convivio. Queres palestras, exposicións, gastronomía e cultura? Haberá palestras, exposicións e cultura Queres obradoiros, debates e pasalo ben? Pois poderás. Queres gozar dun galego aberto e mundial? Pois estarás no lugar axeitado. Si, Arzúa (Arçúa) será o 5 de xullo o lugar axeitado. Non haberá outro. Aló o galego falarase con todas as súas “musicalidades, cores e formas” (organización dixit).

Será na III edición do festival éMundial, impulsado pola AGAL e que neste ano ten o Concello de Arzúa como ‘colaborador necesario’. A cita é o 5 de xullo, sabado, no recinto multi-usos da vila que pasará ser o epicentro da lusofocía. Nh, Lh, ç... pasearán con total liberdade por esta vila para facer gozar a tod@s @s que queiran achegarse dun idioma que tamén vive alén Miño e Atlántico.

E cal é o programa, pá?

O programa é, como o galego, estenso e útil. “iniciará às 11h30 com o pregom do multifacetado artista Xurxo Souto. A seguir, sessom vermu com Terra Morena e Rui David. Depois da música, o pessoal poderá escolher entre participar no ateliê de percussom do brasileiro Paulo Silva ou assistir à mesa redonda sobre a Lei Paz-Andrade”.

E isto foi só un abrir de boca. “Posteriormente, haverá um jantar africano —única atividade de pagamento de todo o evento—. Já pola tarde, toda a tarde, haverá atividades para miúdas e miúdos no Espaço Semente (música, brinquedos, conta-contos…). Para os mais graúdos, outras propostas, como a terceira Ramagem da rede de clubes de leitura em português Pega no Livro, o lançamento de Quês e porquês do reintegracionismo, umha mesa redonda de cidadãos lusófonos ou a grande novidade deste éMundial: «Somos… e fazemos», umha oportunidade para que entidades galegas com umha visom «extensa e útil» da nossa língua se apresentem ou expliquem os serviços que oferecem”.

Música!!

“O encerramento do evento começará às 21h com umha sessom de música ao vivo em que participarám artistas de vários países lusófonos, com os galegos Narf e Xabier Mugardos, o brasileiro João Alberto e o angolano Alberto Mvundi”.