Cando a vida ama é amábel, por Isidro Novo
aconloar.- Afagar.
Exemplo: “O tratante era experto en aconloar a xente denantes de pechar o trato”.
Lugar de escoita.- Escudeiros – Ramirás (Ourense)
Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.
alpeirar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Relacionarse de xeito amigable cunha persoa. 2. Coincidir cunha persoa.
Lugar de escoita.- Zona Eo- Navia.
Fonte.- Carlos Aenlle.
apaxuar.- Levarse ben unha persoa con outra por compartir gustos, carácter, etc. Xuntarse. Exemplo: Cando eramos nenos xa non apaxuaba con nós.
Lugar de escoita.- Fontabuín (Sarria).
Fonte.- María Xosé López Castro.
hora escoitadoira.- Aquela serena da tarde na que se sente paz e o tempo está como detido.
Lugar de escoita.- Palas de Rei (Lugo)
Fonte.- Antonio Pérez Salgado.
lamber a cuncha.- Expresión para exaltar a exquisitez de algo.
Exemplo: “Fixen unha ensalada que lamberon a cuncha”.
Lugar de escoita.- Carnota.
lareiro/a.- (Adx. e subst./ Ademais de significados xa rexistrados) Que gosta de contar sucedidos, historias e contos, pode que fantasiosas mais sempre con simpatía.
Lugar de escoita.- Melide.
Fonte.- Hernrique Harguindey.
manaias a ti/ a eles.- Sorte de ti/ deles.
Lugar de escoita.- Prebello, concello de Navia de Suarna, bisbarra dos Ancares.
Fonte.- Balonga Prebello.