Dos nosos límites máis achegados e comúns
Abrazadeira.- (Deixando a un lado significados comúns). Cando se fai unha parede de pedra, chámaselle así á que se coloca enriba do corte das dúas da fileira anterior, matando o corte. A súa función é que o valo non fenda por ese corte.
Lugar de escoita.- Cuntis (Pontevedra)
Fonte.- Marcos Seixo.
Calzada.- (Ademais de significados xa rexistrados) Muro de pedra utilizado nas presas do río.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.
Chorniolo.- Fachinelo pequeno nunha parede ou tellado que dá ao exterior.
Exemplo: “A bodega está pouco iluminada, entra unha pouca de luz por un chorniolo cativo no tellado”.
Lugar de escoita.- Carbeiral - Bardaos (San Sadurniño).
Fonte.- Lino Sanjurjo.
Debasar ou devasar.- Clarear a cor.
Exemplo: “A pintura deste teito parece demasiado escura, pero nuns días irá debasando”.
Lugar de escoita.- Aguiño
Fonte.- Andrés Torres Queiruga.
Esmolecharse.- Saltárselle a pintura a unha parede.
Lugar de escoita.- O Barbanza.
Fonte.- Constantino Prego.
Outros apuntamentos.- A fonte indica que o descascado denomínase na zona esmocheladura.
Lapión.- Dise do lugar da parede que perdeu pintura ou revocado.
Lugar de escoita.- Na zona de Rois.
Fonte.- Constantino Prego.
Pedreiro.-(Ademais doutros significados) Pedra chantada no chan que marca a separación de dúas parcelas. Sinónimo de marco.
Lugar de escoita.- Nois(A Mariña)
Fonte.- Marco Candia.