Ordenando as palabras
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
amarafonado/a.- Algo, sobre todo roupa, engurrada e revolta.
Exemplo.- “Deixastes a roupa toda amarafonada coma sempre facedes.”
Lugar de escoita.- Porqueira (Ourense).
Fonte.- Antón Méndez Gándara.
baldroallar.- Manchar algo ciscando un líquido por descoido.
Exemplo.- “Baldroallastes toda a mesa.”
Lugar de escoita.- O Morrazo.
Fonte.- Carmen de Calviño.
Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.
enfoular.- (Ademais de significados xa recollidos) Revolver, desordenar.
Exemplo.- “Tes toda a roupa enfoulada no armario.”
Lugar de escoita.- Cervo (Lugo).
Fonte.- Mª del Pino Hernández Viñas.
feixe molle (a).- De calquera maneira, desordenadamente. Refírese sempre a un conxunto de obxectos amoreados ou colocados sen orde.
Exemplo.- “E deixou a roupa enriba da cama a feixe molle.”
Lugar de escoita.- Gondomar.
Fonte.- Miguel Anxo Mouriño.
suscallar.- Revolver nun caixón ou noutro recipiente co fin de atopar algo perdido.
Exemplo.- “Que andas a fuscallar nese caixón? Revólvelo todo e logo non hai quen atope nada!”
Lugar de escoita.- O Morrazo.
Fonte.- Xosé Carballo Brión/Xesús Ferro Ruibal.
Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.