Todo dentro do ámbito doméstico
alada.- (Á marxe doutros significados e coa dúbida de se é con h ou non) Vertedoiro ou pía para lavar a louza.
Lugar de escoita.- A bisbarra do Barbanza.
Fonte.- Constantino Prego .
albañal.- Penico.
Lugar de escoita.- O Incio.
Fonte.- Marica Campo Domínguez.
Outros apuntamentos.- Sinala a fonte a posíbel transposición da palabra castelá de idéntica grafía que significa “canal para detritus” ou “depósito de inmundicias”.
estalaxada.- Estaribel, enxeño de fabricación caseira cun obxectivo práctico determinado.
Lugar de escoita.- A zona de Xanceda e Boimorto.
Fonte.- Baldomero Iglesias Dobarrio.
lata.- (Á marxe de significados máis comúns) Paus labrados que forman a estrutura do cesto.
Lugar de escoita.- O Páramo (Lugo)
Fonte.- Suzana do Páramo.
manizo.- Feixe pequeno.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.
racho.- (Ademais de significados xa rexistrados) Machado, brosa.
Lugar de escoita.- Taboada (Silleda).
Fonte.- Jesús López Domínguez.
sochouso/a.- Entreaberto/a.
Exemplos: “A xanela está sochousa”, “O ventano está sochouso”.
Lugar de escoita.- Cabeza de Manzaneda (Ourense).
Fonte.- Benxamín Fernández Yáñez.