A Xunta e o Estado seguen a incumprir as indicacións do Consello de Europa sobre o galego

O comité de expertos da Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa insta a ambas as dúas Administracións a “cumprir”.

a mesa comité carta europea
photo_camera Representantes da delegación galega reuníronse onte co Comité de Expertos da carta europea de linguas rexionais e minorizadas nunha imaxe de arquivo. (Foto: A Mesa)

Vén de facerse público o último informe do Comité de Expertos que avalía o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais e minorizadas por parte das institucións españolas.

O Comité de Expertos recomenda no informe ás autoridades españolas que “cumpran” todos os compromisos asumidos en virtude da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias que non se consideran “cumpridos”, e para iso fai unha serie de recomendacións.

Entre aquelas a realizar “de maneira inmediata” están “eliminar as limitacións que impiden utilizar o galego como lingua vehicular nas materias de ciencias ciencias”, adoptar medidas para garantir o uso do galego nos centros sociosanitarios; garantir, “a través das medidas oportunas”, que os falantes de galego poidan relacionarse en galego coas dependencias locais da Administración do Estado; e asegurar que a lexislación “garanta que os tribunais leven a cabo os procedementos penais, civís e administrativos en galego a pedimento dos cidadáns. administrativos en galego a pedimento dunha das partes, e tomar medidas para asegurar que isto se cumpra na práctica. cúmprase na práctica”.

Tamén este informe recolle otras recomendación, como “garantir que o ensino en galego estea dispoñíbel en todos os niveis apropiados, de conformidade co instrumento de ratificación”, “adoptar medidas para garantir unha presenza proporcionada do galego no nivel preescolar en importantes urbanos importantes”, entre outras.

Comentarios