Descuberto un lagar rupestre entre Ourense, Amoeiro e Punxín
Trátase dun lagar que conserva a laxa granítica aplanada dunhas dimensións de 5x5 metros, ademais duns estipites rectangulares para sustentar a prensa e un oco central para recoller as decantacións das filtracións da cuba.
Á beira da laxa atópase un marco composto por unha cruz e tres iniciais coas letras ' P' de Punxín, 'A' de Amoeiro e ' C' de Canedo, que pertence na actualidade ao Concello de Ourense.
O descubrimento, posto en coñecemento do departamento de Patrimonio da Xunta, foi localizado por Javier Torres grazas ás indicacións de Moncho Somoza, veciño da zona
A Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego sinala que é difícil datar a peza sen contar cunha intervención arqueolóxica, aínda que a maior parte deste tipo de prensas proceden da Alta Idade Media, aínda que hai outros da baixa romanidade e etapas posteriores.
En canto ao marco, a tipoloxía gráfica permite situalo entre 1836 e 1943, data na que se anexiona Canedo a Ourense, indica a asociación, que salienta a relevancia do achádego.