Dezaseis entidades demandan a retirada da simboloxía franquista na Coruña

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica apela á implicación cidadá.

 

Un total de 16 organizacións e colectivos apoian a reclamación da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) para que se retire a simboloxía franquista que fica na cidade da Coruña. O presidente da CRMH, Fernando Souto, apelou a “presión social” como mellor ferramenta para ter “éxito” nesta demanda.

Organizacións como BNG, Anova, EU, Marea Atlántica, PSOE ou Podemos apoiaron esta petición e comprometéronse a presentar iniciativas dirixidas a que se retire toda aquela simboloxía franquista que aínda hai na cidade herculina. “O importante á a mobilización popular”, afirmou Souto, que entende que ten que ser a cidadanía quen sexa a protagonista “da retirada” dese tipo de simboloxía.

Nicanor Acosta

De por parte, a Asemblea Xeral da CRMH acordou nomear Nicanor AcostaAlonso como ‘Republicano de honra 2015’ As razóns que levaron a darlle esta distinción radica, afirma a Comisi´kin, “na natureza do seu carácter militante en contra de toda inxustiza que o mesmo Nicanor ve na sociedade”.