UNHA NOVA PESCUDA DE CILIA TORNA

“Un lacón máis ao pote que xa hai outro porco morto”

Milicianos fascistas desfilan armados en Mondoñedo. Agosto de 1936

Unha nova pesquisa de Cilia Torna achéganos a brutal represión nas terras de Sarria e do sur do Lugo perpetrada polo "bestiario" fascista.

 

As notas que escribiu nos seus sete anos como topo, agochado nunha vivenda de Escairón no Concello de Saviñao, aquel concelleiro da Fronte Popular de Castro de Rei de Lemos, no Concello de Paradela, son unha testemuña de primeira orde para achegarnos á brutalidade da represión nas terras de Sarria e do sur de Lugo pero tamén unha importante fonte de información para saber da operativa asasina daquela “Falange”, que respondía á voz de orde do Sarriao e militante do Partido Nazi, Mario González Zaera.

Non é esta a primeira vez que nos temos referido a este documentación, aínda máis foron estas cartelas as que nos animaron e deron pé primeira ás crónicas sobre a memoria neste xornal, e sendo leais co escrito naquel artigo retomamos o traballo da súa divulgación. Non se trata dun texto excepcional, pero si unha información de primeira man que lle pon nome aos verdugos, que lle dá nome ás vítimas e que como outros tantos manuscritos deste tipo existentes noutros territorios galegos, remata por converterse nunha auténtica causa xeneral, esta sí argumentada e chea de xustiza, contra o fascismo. 

A nómina daquel bestiario desfila polas páxinas dos inéditos do noso cronista

A nómina daquel bestiario -non eran persoas eran malas bestas, que pronto tomaron nome de “milicias” ou de “Escuadra negra de Bóveda”ou “Banda Negra de Monforte”- desfila polas páxinas dos inéditos do noso cronista e así atopamos ao “médico Pedro Gudín”, ao “dentista de san Cristobal de Martín”, ao “Rubio de Villamayor” ao “Carrozas”, a “José Golás”, ao “Garovito”, Teodoro López Vázquez, ao “Teodoro de Mide”, ao “Edra de Santalla”, ao “Díaz de Bustaregas”, ao “Pepe do Cabo de Bacorecelle”, ou “el famoso Louredo de Bóveda, hijo del capataz de vias y obras del Ferrocarril de Bóveda” que ao fronte da “Escuadra de Bóveda” “cogieron al republicano Alejandro López, lo llevaron con ellos y al bajar por el monte conocido como los 'Carrascales' de Teilán lo asesinaron a tiros según lo llevaban delante”.

Asasinato e enriquecemento persoal

As orixes do fascismo organizado en Sarria remóntanse a 1933 e están ligadas aos nomes de Mario González Zaera e do deputado da CEDA Manuel Saco, secretario de Nicolás Franco  asasinado en 1938 polo sector da "Falange” enfrontada a Zaera. Se ben o home forte da reacción foi este último, a cara visíbel da “Falange” sería o primeiro até chegar ao punto de ser nomeado Xefe Territorial da mesma en Galiza. A historia de Zaera, recollida de xeito preciso na causa militar na que foi condenado a morte por hedillista para ser posteriormente amnistiado, preséntanos non só a un asasino senón a un individuo que fixo desta organización unha vía para  o enriquecemento persoal, ás veces con roubo, outras coa chantaxe e tamén co propio asasinato. Morreu en Sarria en 1980 fiel aos seus ideais, após ser rehabilitado e de novo condenado, nesta ocasión por roubo de caudais públicos, cando exercía de concelleiro no distrito de Chamberí.

As orixes do fascismo organizado en Sarria remóntanse a 1933 e están ligadas aos nomes de Mario González Zaera e do deputado da CEDA Manuel Saco

Unha mención a parte merece o “Garovito”, paradigma daqueles que se uniron a “Falange” nos primeiros tempos do alzamento, quen despois dunha intensa militancia na esquerda no período repúblicano, chegando mesmo a ser membro do Comité da Fronte Popular de Castro de Rei de Lemos e inclusive participando no intento de asalto e queima da igrexa e reitoral da parroquia, pasou a facer parte destas bandas. “Las dos concubinas del cura, conocidas como ''As Cachorras', tías de la mujer del 'Garovito', intercedieron por el delante del cura para que lo anotaran a 'Falange'' pasando a convertirse con 'Pepe do Cabo' en uno de los más criminales en la persecución del 'Bento' y del 'Ferrereira' por las 3000 pesetas que valía la cabeza de cada uno”. O final do “Garovito” non tardaría en chegar, sendo fusilado en 1940 após un xuízo no que foi acusado de diversos delitos contra a propiedade e a chantaxe a diversos veciños da zona.

Puro terror

O noso cronista anónimo recolle nos seus apuntamentos que “por todas partes era un puro terror la carretera de Monforte a Coruña se comentaba que aparecía un promedio de sesenta cadavares diarios pues la persecución de los facciosos con los republicanos era asoladora”. Nesta mesma estrada sería asasinado “el republicano de Bade (Villamayor) llamado Manuel do zapateiro, hombre de inmejorables condiciones y según datos fue asesinado por vecinos de el mismo, o sea los mismos falangistas de Villamayor e inclusive algunos de Castro de Rey” A mesma sorte correría Agustín Rodríguez, veciño da Coruña e natural de Sobreda –O Saviñao, quen o 12 de Agosto despois de ser detido na casa patrucial, onde se refuxiaba, foi asasinado preto de Guitiriz “en un trayecto de carretera que solo cruza monte, un poco aislado de los pueblos, para matarlo lejos de su familia, pues en dicho sitio fueron asesinados cientos de republicanos”.

Non acaba aquí a penuria desta familia, posto que despois de matar o pai continuaron a buscar o fillo, tamén escapado

Un outro crime, testemuñado neste diario e aínda hoxe lembrado en Paradela, foi o asasinato o 2 de Setembro de 1936 de Manuel de Ferreira, Presidente do Comité da Fronte Popular de Castro de Rei de Lemos que “en medio del monte le dejaron sin vida, echando sangre a borbotones, y luego que esto cometen, se marcharon muy contentos que a preguntas de sus jefes si le habían detenido contestaron muy orgullosos:”Si lo hemos prendido, pero al poco de venir con nosotros tropezó y no se levantó, y entonces nosotros lo dejamos; que le levante su familia si quiere”. Non acaba aquí a penuria desta familia, posto que despois de matar o pai continuaron a buscar o fillo, tamén escapado, tal “como lo comento 'Jaime de Agruxoi', uno de los que lo asesinaron y contó todo que marchó con el resto de los asesinos hacia Reiriz dando grandes batidas y robando y amezando al vecindario, que lo tenían horrrizado, echando multas que metían en el bolsillo, comiendo y bebiendo sin pagar y desdichado del que se negara a darles lo que ellos pidieran y tomando grandes borracheras”. O mesmo aconteceu con moitos e moitas, como o “Perico” de Caraba que, unha vez asasinado, deu para que un destes criminais afirmase no cuartel de Pacios – Paradela, “Un lacón máis ao pote que xa hai outro porco morto”.