Salvaterra recupera a súa memoria a través do 'ollo máxico''

A Asociación Lazoiro lanza o proxecto 'Memoria de Salvaterra' en forma de páxina web, que recompila fotografías antigas da vila e parroquias.

Coa finalidade de preservar a memoria e dar a coñecer o pasado de Salvaterra a asociación Lazoiro puxo en marcha 'Memorias de Salvaterra', recompliando fotografías e imaxes da vila e a súa contorna. “Cada fotografía irá acompañada dunha pequena reseña historica , a súa xeolocalización, unha comparación do antes e despois e un apartado de comentarios para as respectivas fotografías”, sinalan desde este colectivo. Según Lucas Farrapeira (programador de Lazoiro) “as fotografías estarán clasificadas por décadas, parroquias e temáticas”.

Dende Lazoiro confesán estar “ilusionados co proxecto”, no que esperan contar coa colaboración da veciñanza para recuperar “a nosa memoria colectiva e que perdure no tempo, por iso as fotografías irán acompañadas de numerosa información sobre o lugar e o seu tempo”.