Catro mulleres asasinadas por violencia machista en dous días no Estado Español
24 de maio de 2013 (09:19 h.)
Catro asasinatos por violencias machista producíronse en menos de 48 horas no Estado español. O último, unha muller de 30 anos en Santander, estrangulada polo seu home.
Un home de 37 asasinou a súa muller de 30 en Santander e logo chamou á policía para confesar o crime, acontecido na casa que compartían e na que vivía tamén seu fillo. O home agardou que viñera a policía ao pé da vítima e confesou o asasinato. O fillo estaba tamén no domicilio no que se cometeu o crime machista.
É a cuarta muller asasinada en menos de 48 horas no Estado español.O caso da muller de Santander súmase ao da moza de 26 anos acoitelada en Áraba e a das asasinadas en Córdoba e León.