1,9 millóns de votos ás 18 horas

Votación

“Non esperaba esta participación, este pobo sempre sorprende”, afirma Carme Forcarell, da ANC, ante o dato de votación, valorado de xeito positivo polo soberanismo.  

 

Coa axuda duns 40.000 voluntari@s, Catalunya está a vivir unha xornada histórica, xa que segundo a vicepresidenta do Gobern, Joana Ortega, ata as 13:00 horas participaron na consulta 1.142.910 persoas

Após coñecer o primeiro dato de participacións, Carme Forcadell, presidenta da ANC, asegurou que “esta participación a esta altura non a esperaba. A cidadanía sempre ten a capacidade de sorprender. Sinto unha inmensa alegría, estou emocionada, desafiamos ao Estado e votamos”.

A ANC valora o feito de "ter desafiado ao Estado"

Ás 13:00, as mesas abriron catro horas antes e pecharán ás 20:00, os resultados por territorios foron: en Barcelona votaron 693.914 persoas; no Alt Pirineu, 13.389; na Cataluña central, 112.770; en Girona, 142.702; en Lleida, 64.291; en Tarragona, 82.747, e nas comarcas do Ebro, 33.092.

Desde o goberno catalá destácase que a xornada está a se desenvolver con "absoluta normalidade" nas 6.695 mesas repartidas en 1.317 locais de participación. Só se produciron un par de incidentes illados, sendo a gran participación a nota máis destacada.