Catalunya saca ás rúas as urnas do Multireferendo malia a prohibición do Estado

Multireferendo. Foto: Vilaweb.

Sete preguntas puido contestar en plena xornada de reflexión e na electoral a cidadanía de Catalunya nunha fórmula de democracia directa que pide opinión sobre asuntos como os tranxénicos e a débeda pública e que se segue realizando a pesar da decisión en conta do Tribunal Supremo español.

Malia a prohibición do Tribunal Supremo español, varias localidades de Catalunya seguen a celebrar o chamado Multireferendo, que coincidinde coa xornada de reflexión ás eleccións europeas, razón da prohibición estatal en base a que as preguntas “poden influír no electorado” así como polo seu vínculo co “contexto político catalán”, argumentos ambos que non foron asumidos desde as organizacións convocantes e colaboradoras, que manteñen contra a prohibición unha fórmula de democracia directa que comezou de xeito dixital hai un mes e que esta fin de semana sacou as urnas á rúa en máis de cen puntos da xeografía catalá.

O Multireferendo conta co apoio dunhas 40 entidades -entre elas a CUP, con tres deputad@s no Parlament- e propón sete preguntas, como unha sobre o uso de transxénicos, outra sobre o pago da débeda pública, unha máis sob a posibilidade de votar en referendo vinculante as Iniciativas Legislativas Populares (ILP), así como outras de carácter local en distintas cidades e vilas, relacionadas con proxectos urbanísticos ou servizos municipais.

Democracia e dereito a decidir

Segundo as persoas organizadoras, dependendo da resposta que se consiga, é moi probábel que esta iniciativa teña continuidade nunha segunda vaga, con novas preguntas “coas que profundar nos dereitos democráticos” nun país ao que o Estado español estalle a negar a posibilidade de organizar unha consulta de autodeterminación.