A CUP chama a 'deixar de mirar para Madrid' e facer a consulta con ou sen consentemento do Estado

Mitin da CUP en Barcelona

A Candidatura d'Unitat Popular anuncia que se absterá na votación para pedir ao Congreso que ceda a Catalunya a competencia para convocar referendos. ''A realización do referendo depende da vontade democrática do pobo catalán'', sostivo o deputado independentista Quim Arrufat.

A CUP considera que o referendo do vindeiro 9 de novembro debe depender da ''vontade democrática'' do pobo catalán, sen estar a realización da consulta pendente de concesións, permisos ou conformidades do goberno e Congreso español. Por ese motivo, a Candidatura anunciou que se vai abster na proposición de lei orgánica de delegación na Generalitat polo Congreso da competen cia de convocar referendos. O parlamentar independentista Quim Arrufat lembrou, porén, que as CUP non se opoñerán á tramitación desta lei para así facilitar o debate no Parlamento de Catalunya.

A CUP aposta sen ambaxes pola independencia, vía na que vén a ferramenta indispensábel para “cambialo todo”

Mais a Unitat Popular ten claro que “non confía na vía” de solicitar permiso a Madrid. Así, Arrufat insistiu en que a realización do referendo “depende da vontade democrática do pobo catalán e da determinación que sociedade e partidos mostren e demostren no seu exercicio”. Por iso, proseguiu o deputado das CUP, “temos que deixar de mirar a Madrid, é unha vía morta; e mirar para o mundo e a convocatoria, con permiso ou sen el, da nosa consulta democrática”.