Despedida por independentista

Foi recoller o uniforme de traballo cunha camisola pro-consulta catalá. “Nun ton chulesco dixéronme que non volvese”, afirma A.G.

 

A.G denuncia que foi despedida por razóns ideolóxicas. Cóntao a Nació Digital días despois de que acontecesen os feitos. Foi recoller o uniforme de azafata cunha camisola de Ara es l´Hora e notificóuselle que non ía finalmente traballar na feira de hostalería de Hostelco, en Barcelona. Estaba contratada para traballar no posto da empresa murciana Talasur, segundo afirma a Nació Digital.

A rapaza sinala a este diario dixital catalán que a empresa chamouna o día despois de ir recoller o uniforme e “cun ton chulesco” informoulle que non se presentase, alegando motivos de requisitos. Mais A.G. Púxose en contacto coa axencia de azafatas de Madrid que tramitou o seu contrato. E esta recoñeceulle, afirma, “que a empresa os chamara para preguntar se eu era independentista”.

A despedida afirma que denunciou os feitos perante a Fira de Barcenola, onde decorre o encontro.