Os fiscais cataláns, en desacordo coa querela de Madrid contra o 9-N
Desde o Tribunal Superior de Catalunya están en contra de expresións como "Goberno sedicente" e tamén aprecian erros de forma e dificultades legais na iniciativa que quere denunciar a Mas.
Os fiscais do Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) discrepan da querela contra Artur Mas que pretende impulsar a Fiscalía Xeral do Estado, debido "aos erros que contén, ás dificultades xurídicas que presenta e a algunhas expresións que contén" como por exemplo "Goberno sedicente", en referencia ao Govern catalán.
A intención da Fiscalía Xeral do Estado é que a querela contra Artur Mas e outros membros do seu Executivo se formalizase o pasado día 10; pero isto quedou frustrado após o desacuerdo catalán co proxecto de querela remitida desde Madrid.
Xa hai uns meses, trinta xuristas asinaron un manifesto a prol do dereito a decicir de Catalunya.