A Fiscalía Xeral do Estado gaña tempo e non haberá querela contra Mas polo de agora

Non  haberá querela inmediata contra Mas. Mentres, a campaña de auto-inculpacións medra día a día entre a cidadanía catalá.

 

O fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres Dulce, deixará a criterio dos fiscais de catalunya a decisión de querelarse ou non pola organización da consulta do 9N. Malia a vaga de informacións que daban por segura unha querela contra Artur Mas e membros do Govern, a Fiscalía non deu o paso.

Torres Dulce reuniuse co fiscal superior de Catalunya e o seu número dous. Finalizado o encontro, un comunicado informaba sobre que o tema ficaba en mans da Fiscalía catalá. Algo que pode aumentar aínda máis o malestar interno do PP nos sectores máis duros, moi críticos coa xestión que se fai do 9N polo goberno español.

Este 'enfriamento' da vía xudicial non deixa de xerar interpretacións varias, como a de que desde o Estado se opta por manter algunha porta aberta para retomar o diálogo coa Genralitat, evirando unha querela de inhabilitación do president.

#autoinculpacions9N

Mentres, a campaña social de auto-inculpación polo 9N segue a medrar en Catalunya. Políticos da CUP, ERC, CiU, IC-V e mesmo PSC se sumaron a esta iniciativa, así como numerosos cidadáns a título individual.