Guardiola únese á lista de ERC e CDC
20 de xullo de 2015 (16:40 h.)
Fechará a candidatura de maneira simbólica. Non será deputado.
Pep Guardiona, treinador do Bayern de Munich, será a persoa que encerre a listaxe conxunta acordada entre Convergència, ERC e entidades soberanistas para as eleccións ao Parlament de Catalunya o 27 de setembro.
Así o avanzou o diario español El País. Segundo o rotativo, Guardiola non ten vontade de se tornar en deputado mais si que quixo sumar a súa figura --unha das de maior proxección internacional-- á campaña pola independencia de Catalunya.