Investigan a gardas civís por retirar bandeiras independentistas catalás de incógnito

Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya

A matrícula do vehículo do que saíron varias persoas para retirar de noite unha gran esteleda de propiedade municipal en Vilobí d'Onyar coincide coa dun coche propiedade da Garda Civil.

Un xulgado de Santa Coloma de Farners (Girona) investiga o roubo dunha bandeira independentista de propiedade municipal situada nunha rotonda de Vilobí d'Onyar (Girona) que presuntamente foi subtraída por gardas civís, segundo confirmou a alcaldesa, Olga Guillem.

Unha testemuña puido anotar a matrícula do coche do que saíron os presuntos ladróns a medianoite do sábado e cando os Mossos d'Esquadra, que investigan os feitos, introduciron a matrícula no sistema informático descubriron que o vehículo pertencía á Garda Civil, segundo publica El País.