Mas confirma que convocará ás urnas “nos próximos días” acompañado polo líder de ERC

Artur Mas

O presidente catalán fará o chamado á autodeterminación do 9 de novembro a comezos de semana, tal e como anunciou en Cardona nun acto no que tamén estaba presente Oriol Junqueras.

consulta de autodeterminación para o 9 de novembro "nos próximos días", polo que descarta facelo este fin de semana e segue sen despexar a incógnita de cando asinará o decreto, pero tamén deixa claro que o referendo será un feito, nunha representación que amosou certa imaxe de unidade ao estar presente no mesmo acto o líder de ERC, o partido que sostén ao goberno e que descarta calquera outro paso que non sexa o chamado ás urnas.

Na súa intervención para pechar un acto no Castill de Cardona -a última das grandes fortalezas catalás que capitulou na Guerra de 1714-, Mas pediulle ao presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, que seguise o exemplo do primeiro ministro británico, David Cameron, e ser ante todo "demócrata" permitindo que Catalunya vote.  Ao acto, no que Mas foi recibido cunha ovación e gritos de 'president', asistiron tamén a presidenta do Parlament, Núria De Gispert; o conseller da Presidencia, Francesc Homs; o líder de ERC, Oriol Junqueras; o de CiU no Parlament, Jordi Turull, e o alcalde de Cardona, Ferran Estruch (ERC).