POST-9N

Mas convoca os partidos pro-dereito a decidir para tantear “a consulta definitiva”

mas-crop

O president demanda por carta a Rajoy un acordo para un referendo vinculante. Ao tempo, convoca a CiU, ERC, ICV-, CUP e PSC para tantear a baza das plebiscitarias.

 

Sen pausa. O president da Generalitat non semella estar disposta a deixar pasar o tempo. Nin 48 horas despois do peche de urnas do 9N, Artur Mas remitiu unha carta a Mariano Rajoy na que lle demanda un acordo para convocar un referendo vinculante en Catalunya. Mentres, coa outra man, Mas convoca unha rolda de conversas con todas as formacións catalás que votaron a prol da lei de consultas, isto é, CiU, ERC, IC-V, CUP...e PSC. Uns contactos para, afirmou, “escoitar propostas” e “valorar” o consenso sobre como empegar as eleccións cara á “consulta definitiva”.

Esas palabras, “consulta definitiva” proliferaron na súa intervención desta cuarta feira. “Catalunya precisa poder facer a consulta definitiva”, asegurou, engadindo: “e as eleccións son o instrumento para poder facer esa consulta definitiva”.

Mas considera que “a xente en Catalunya gañou a pulso ter neste país o que é normal: unha consulta con todas as garantías”. Para atinxir ese obxectivo, dixo, “quizás non nos quede máis remedio que facer unhas eleccións”.