Mas pide a Rajoy por carta pactar canto antes a data para o referendo

Artur Mas

O presidente catalán mandou ao homólogo español unha carta na que formaliza a petición de consulta 

O presidente da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, xa remitiu a carta ao presidente español, Mariano Rajoy, na que lle comunica a necesidade de “abordar o diálogo e a negociación” que permitan realizar unha consulta ao pobo catalán “de maneira pactada”. Un referendo a facer “no prazo máis breve que sexa posíbel” e cos “marcos legais que se fixen a tal efecto”.

O presidente catalán argumenta que se dan as “condicións favorábeis” para facer esa consulta á cidadanía. Sinala, así, que hai un amplo apoio cidadá á consulta, así como un apoio parlamentar, “vontade de diálogo e negociación, e existen vías legais para facela”.

Tomar exemplo doutros estados

Ademais, Mas lembra a Rajoy que noutros países, “tamén da UE”, atoparon vías e compromisos para “solucionar democraticamente e legalmente “ esta situación e que por iso “España non debería ser unha excepción”.