O Parlament aproba pedir ao Congreso a competencia para realizar o referendo de autodeterminación

CiU, ERC, ICV e 3 deputad@s do PSC votaron a favor de pedir á Cámara española que transfira a competencia a Generalitat para convocar referendos. PP, C´s e PSC posicionáronse en contra. A CUP abstívose ''por coherencia independentista''.

D@s 135 deputad@s con dereito a voto posicionáronse a favor da proposta 87: CiU, ERC, ICV e tres parlamentares 'díscol@s' do PSC. En contra fixérono 43, @s correspondentes a Ciutadans, Psc e PP. E tres, @s da CUP, abstivéronse. Así pois, o Parlament de Catalunya aprobou por case 2/3 a proposición de lei ao Congreso para que esta debata se traspasa á Generalitat a competencia para convocar a consulta de autodeterminación.

CiU lembrou no debate parlamentar, por boca do seu portavoz Jordi Turull que o que se decidía "non é a independencia", senón unha fórmula para facer un referendo "de forma legal e axeitada". Para Turull, non ten sentido que se diga que a consulta divide á cidadanía e acusou a PP e CS de "ter medo á democracia".

Marta Rovira, secretaria xeral de ERC e portavoz no Parlament, destacou que o proceso entra con esta votación no camiño “dos feitos”. Preguntouse “quen pode ter medo de consultar á cidadanía” e reiterou que @s catalás “queremos votar” e elexir “o noso futuro” e que nada se pode contrapoñer a iso.

ERC considera que coa votación comeza o camiño dos "feitos" e para ICV "é obvio" que nunha democracia non se pode impedir decidir. CiU nega que a consulta divida á cidadanía

A portavoz de ICV-EUiA, Dolors Camats, deu o apoio á proposta de pedir a transferencia de competencias para facer a consulta sinalando que é “obvio” que existe un “sentimento maioritario” de abrir unha nova etapa e “en democracia, a maioría non pode verse sometida a un marco legal que a limite, neste caso, a Constitución española”.

Pola súa banda, a CUP explicou o por que da súa abstención en que “non podemos pedir permiso para ser libres nin perdón por selo”. Quim Arrufat considera que a vía non debe de ser a de solicitar autorizacións, permisos ou consentimentos a Madrid “pois non estamos nunha transición nacional, senón na ruptura democrática co Estado español”.

O constitucionalismo, os do non

O portavoz do Partit Socialista na Cámara catalá, Maurici Lucena, considera que o aprobado vai facer “máis difícil” un entendemento e un acordo entre os gobernos. Lembrou que o PSC defende unha Catalunya “unida a España” mais, iso si, “cun mellor encaixe”. Evitou Lucena refereirse @s 3 deputad@s socialistas que racharon a disciplina de voto e votaron a prol da proposta. 

PP, PSc e Cs coinciden en falar de que o referendo "divide"

A voceira do PP no Parlament, Sánchez-Camacho, considera que con esta votación “comeza o camiño da separación” e insistiu no discurso de que a cidadanía de Catalunya non pode decicir á marxe da española o futuro. Acusou a Artur Mas de “covardía” e de actuar “á marxe da democracia”.

O líder de Ciutadans, Albert Rivera, pediu no seu discurso (case todo en español) a Artur Mas que convocase eleccións para que así, dixo, “os cataláns poidan elexir un goberno de convivencia”.