As persoas inscritas para formar un V na defensa da consulta superan as 150.000

O 11 de setembro conformarán en Barcelona un mosaico-senyera de 11 quilómetros en forma de V. A organización destaca o incremento nas adhesións.

Máis de 150.000 persoas anotáronse ao xigantesco V humano que se vai formar en Barcelona co gallo da Diada e para reivindicar o dereito a decidir e poder votar na consulta do 9 de novembro. Unha cifra ofrecida polas entidades organizadoras (Òmnium e ANC, agrupadas nunha mesma entidade: Ara és l´Hora para coordinar este evento). O ritmo de adhesións foi incrementándose, destacan, mais chaman a que non mingue o ritmo para garantir un grande éxito da mobilización do 11 de setembro.

Procúrase que ese día haxa ducias de milleiros de persoas para asegurar unha “distribución homoxénea dos asistentes e tamén para conformar o mosaico-senyera de 11 quilómetros que conformará un inmenso V.