Ramoncín: "Se vivise en Catalunya, votaría pola independencia"

Ramoncín no acto soberanista
O cantante madrileño participou nun acto da Assemblea Nacional Catalana (ANC) en Cornellà,onde defendeu o dereito dos e das catalás a decidir o seu futuro. E criticou a posición da prensa española a respeito de Catalunya e o seu proceso soberanista

 

O cantante madrileño e exdirectivo da SGAE Ramoncín vén de participar nun acto da Assemblea Nacional Catalana (ANC) en Cornellà. Se a súa presenza nun evento organizado polo soberanismo catalá podía causar sorpresa e perplexidade, as súas declaracións aínda máis: Ramoncín non só se manifestou a favor do dereito dos e das catalás a decidir o seu futuro, senón que mesmo afirmou, nunha entrevista a Vilaweb, que de vivir en Catalunya posibelmente optase pola independencia.

"Pero como vai decidir un señor de Peñaranda de Bracamonte como teñen que vivir os cataláns? É de parvos"

O noutrora Rey del Pollo frito tamén criticou o "interese" de medios de comunicación españois en abortar o proceso de consulta ao pobo catalá e sinalou que tamén hai unha ampla parte da sociedade española que non se opón á consulta soberanista, mais que "opta polo silencio" fronte aos exabruptos dos sectores máis cavernarios.

Ramoncín tamén expresou a súa opinión de que Rajoy debería dimitir após o escándalo destapado por El País sobre pagamentos