As teses de Durán i Lleida gañan por escasa marxe no referendo de Unió sobre o ‘procés’

Un 50.9% da afiliación votou a prol da pregunta interna na que se excluía a Declaración Unilateral de Independencia (DUI). Un 46,1% da militancia de UDC posicionouse coas teses independentistas.

A opción defendida por Durán i Lleida e a dirección de Unió Democrática de Catalunya (UDC) venceu na consulta feita por este partido entre as súas bases para se definir no proceso soberanista catalán. Mais foi unha vitoria cuxo resultado indica a división interna que se vive en Unió, a formación que xunto con CDC con forma CiU. No referendo interno tomaron parte o 64% dos por volta de 4.000 afiliados do partido. 1.351 votaron un si na pregunta, na que se excluía a DUI, a declaración unilateral de independencia. Mais 1.226 posicionáronse co ‘non’, defendido polo sector independentista da UDC. Unha diferencia -50,9% fronte ao 46,1%- que evidencia a existencia dunha fractura dentro de UDC.

Desde certos medios cataláns tamén se incide nas consecuencias deste referendo en CiU, pois enténdese que UDC aposta en se desmarcar da folla de rota de Artur Mas. As mocidades de Convergéncia xa expresaron ser partidarias de rachar con Unió.

Hai analistas que lembran que case a metade da militancia de UDC aposte nas teses independentistas era algo máis que impensábel hai só catro ou cinco anos.