Traballador@s da TV3 barallan unha folga indefinida contra a baixada dun 13% nos salarios

[Imaxe: Vilaweb]

O convenio colectivo expirou o 31 de xaneiro e a reforma laboral permite impor outro, de ámbito estatal, que permitiría a drástica redución dos salarios. O cadro de persoal esixe que se prorrogue uns meses o acordo en vigor para que as negociacións continúen, mais a dirección négase.


A equipa directiva de TV3 ficou pechada nunha sala de xuntanzas no edificio da televisión pública catalana para fuxiren dos protestos d@s traballador@s contra a baixada unilateral dos salarios un 13% que pretende a empresa.

O presidente da Corporación Catalana de Medios Audiovisuais, Brauli Duart, e o director de TV3, Eugeni Sellent, entraron na sala ás doce do mediodía, hora para a cal estaba fixada unha reunión de Duart coa equipa directiva de TV3. O cadro de persoal apupouno con berros de 'Brauli Corleone', 'Volem conveni' ou 'Brauli dimissió'. Por volta das oito da noite boa parte da dirección abandonou o edificio, mais outr@s decidiron quedar pechad@s até as doce da noite. 

Demiten en bloque @s responsábeis do telexornal

Os ánimos voltaron quentarse após ver o tratamento que os servizos informativos deron á información. A folga indefinida que o persoal de TV3 e Catalunya Ràdio prepara para reclamar a negociación do convenio colectivo e rexeitar a baixada dos salarios mereceu unicamente unha peza breve, de corenta segundos, emitida ao final do telexornal da televisión nacional catalá.

Con todo, o que indignou @s traballador@s foi que o presentador, Toni Cruanyes, dixera que a dirección fora retida pola forza. O comité de empresa explicou que a intención da acción non era reter ninguén, senón que Duart accedera a recibil@s. As persoas responsábeis do informativo presentou xa a súa demisión en bloque. 

A reforma laboral, apoiada por CiU, impón a rebaixa dos salarios

O convenio colectivo que rexía as condicións laborais no ente público expirou o 31 de xaneiro e @s obreir@s esixen que se prorrogue durante uns meses máis para poder continuar coas negociacións, mais Duart non quere seguir co diálogo. Segundo a última reforma laboral, o novo convenio que se podería aplicar por lei carrexaría unha rebaixa dos salarios.

Segundo Ramon Espuny, integrante do comité de empresa de TV3, a contundente reacción do cadro de persoal é foito "da indignación acumulada" e estalou este 4 de febreiro, unha xornada de tensións que se desenvolveu co edificio rodeado de furgóns dos Mossos d'Esquadra e con agentes da policía secreta dentro das instalacións, tal e como Espuny contou a Vilaweb.

ERC conseguiu un fondo extra de 7 millóns e a dirección de Tv3 di que ''non lle consta''

Se non se prolonga a vixencia do convenio actual, a reforma laboral "aprobada polo PP co apoio de CiU" impón outro a través do cal se lles pode aplicar o artigo 41 do Estatuto d@s traballador@s, que permite unha modificación unilateral dos salarios en virtude dun convenio de ámbito estatal e moi amplo, referido á produción audiovisual e onde tamén estaría o cinema, "totalmente inadecuado para unha empresa pública". 

O PP propuña que o tempo para negociar fose de dous anos, mais unha emenda de CiU forzou que se limitara a un. "Sen esa emenda non nos atopariamos nesta situación e poderiamos continuar a negociar". No que respecta a ERC, non fai parte do concello de administración do ente público malia facer parte do Govern. Malia isto, negociou un fondo extra de sete millóns para o capítulo de salarios que a dirección de Tv3 di que non lle consta porque foi pactado directamente co Govern.