O Tribunal Supremo avala a suspensión do 9N

A sala terceira do TS desestima o recurso da Generalitat que pedía suspender cautelarmente o acordo do Consello de Ministros impugnando o proceso catalán.

O Tribunal Supremo español avala a suspensión do 9N e non ten en conta a alegación a Generalitat de que impedir a votación é unha vulneración dos dereitos fundamentais. O goberno catalán pedía que se permitise cautelarmente o ‘proceso participativo’ do domingo. E o alto tribunal español dixo, por unanimidade, que non.

A espectación está agora na resposta que dará a Generalitat, se mantén o proceso do domingo ou non.

Preparativos

Por volta de 41.000 persoas xa se rexistraron para participar como voluntarias na consulta do 9N. (O goberno calculaba en 20.000 as necesarias para facer o proceso) O dispositivo de votación consta de 6.695 mesas repartidas en 1.317 colexios de 942 concellos dos 947 existentes en Catalunya.

Non hai censo previo. O rexistro para votar farase no mesmo día (9n), antes de depositar o voto. A Generalitat calcula que poderán votar por volta de 5,4 millóns de persoas. Para votar hai que presentar o Documento de Identidade (DI), o pasaporte e comprobante de empadroamento para cidadáns comunitarios e a Tarxeta de Estranxeiría para extra-comunitarios. Non hai voto anticipado. O escrutinio farase a noite do 9N e os resultados daranse a coñecer o 10, segunda feira.