1 de outubro: “Quere que Catalunya sexa un estado independente en forma de república?”

Imaxe: @ForcadellCarme

Carles Puigdemont anuncia data e pregunta para o referendo catalán. 

O referendo sobre a independencia de Catalunya terá lugar o 1 de outubro. Ese domingo os cataláns que acudan ás urnas deberán responder a unha única pregunta: “Quere que Catalunya sexa un estado independente en forma de república?”. A pregunta formularase en tres linguas: catalán, castelán e aranés, e a resposta será si ou non.

 

Así o vén de anunciar o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, acompañado do vice-presidente, Oriol Junqueras, nunha comparecencia na que estiveron arroupados por deputados de JxS e da CUP.

 

“A resposta que dean os nosos cidadáns será un mandato que este goberno se compromete a aplicar. Toca aos cataláns decidir o seu futuro: está nas súas mans e nas de todos nós facelo posíbel, demostrar que a democracia nos une por riba das lexítimas discrepancias”, afirmou o presidente.

 

De por parte, Oriol Junqueras, criticou a actitude do goberno español, do que dixo que “violenta os dereitos democráticos fundamentais e exerce antidemocraticamente as súas funcións”.

 

Entre as primeiras resaccións após se coñecer o anuncio estivo a do presidente de Estremadura, Fernández Vara, que falou de “disparate”, e a de Rafael Hernando, portavoz do PP no Congreso, que pediu a Puigdemont que “disolva o parlamento e convoque eleccións”. A vicepresidenta española, Soraya Sáenz de Santamaría, advertía a pasada cuarta feira que "este referendo non se vai facer"