PARLAMENTO

Abel Losada ofrece a súa renuncia a Besteiro ou Vázquez

Abel Losada, voceiro parlamentar PSdeG

O actual portavoz parlamentar do PSOE envía un carta aos candidatos ás primarias nas que amosa a súa disposición a deixar o cargo que ocupa na actualidade se así o considera o gañador.

Apenas suman uns días de discreta campaña electoral pero as primarias do PSOE galego xa provocan consecuencias na formación, por exemplo no seu grupo parlamentar, na actualidade dominado polos afíns a Pachi Vázquez, o secretario xeral que deixará de selo nun congreso en outubro, cando será substituído polo vencedor das primarias consultivas que se celebran este sábado.

Ante ese horizonte, o portavoz d@s socialistas no Parlamento galego, Abel Losada, enviou un carta aos dous candidatos do proceso consultivo coa militancia -Xosé Ramón Besteiro e Manel Vázquez- para poñer o seu cargo á súa disposición e ofrecerlle a renuncia ao que gañe. Segundo fontes do partido, o parlamentario “entende que o novo responsábel e a súa dirección deben ter as máximas facilidades e colaboración dos cargos institucionales para conformar os seus equipos nesta nova etapa”.

Losada descarta abandonar o Hórreo no que afirma que seguirá “traballando onde se dispoña con lealdade e a maior colaboración”.