O alcalde de Cerceda dimite após ser inhabilitado por prevaricación
14 de xaneiro de 2020 (16:24 h.)
O alcalde do Concello de Cerceda, José García Liñares, anunciou esta terza feira a súa dimisión despois de confirmarse a súa inhabilitación durante oito anos por un delito de prevaricación administrativa.
O anuncio prodúcese unha semana despois de que a sección primeira da Audiencia coruñesa ratificase a condena a oito anos de inhabilitación ao aínda rexedor por "irregularidades" na contratación das obras do xardín botánico.
García Liñares confirmou que nos próximos días efectuarase a súa marcha do concello que goberna desde hai case 25 anos.