O alcalde de Ferrol retira competencias á tenente-alcaldesa e 2 concelleiros socialistas

Jorge Suárez

Jorge Suárez alega “falta de confianza” para a decisión, que agrava a crise da coligazón que goberna a cidade.

Jorge Suárez retirou esta segunda feira as competencias a tres concelleiros socialistas do seu goberno, entre eles a tenente-alcaldesa Beatriz Sestayo. A crise no bipartito que goberna Ferrol agrávase após ir en incremento nos últimos días por mor das profundas diferenzas entre PSOE e Ferrol en Común. O rexedor ferrolán xustifica a retirada de competencias en que perdeu a confianza nestas persoas que integran o executivo local. As funcións que lle retira a estes tres edís do PSOE pasan ser asumidas polo propio Jorge Suárez mentres non haxa unha reestruturación do goberno local.

Suárez reafirmou nas súas delegacións ás outras dúas dúas edís socialistas. O alcalde afirma que esta decisión non é unha ruptura co PSOE e considera que hai marxe para o entendemento, destacando que mantén boas relacións con alcaldes socialistas da comarca.

A decisión prodúcese no marco da última crise do goberno local. O PSOE solicitou o alcalde que retirase á edil socialista María Fernández as competencias en Urbanismo e Mobilidade dentro do procesom de regorganización de competencias do grupo municipal socialista.