Alcaldes reiteran rexeitamento ao 'taxazo' de Sogama e piden unha mesa de negociación

Imaxe: Irmandade TV

Rexedores de diferentes partidos concentráronse ante a Xunta para pedirlle a Feijóo que abandone a ''arrogancia'' e aposte polo ''diálogo'' para solucionar a problemática que xera a suba ''desmesurada'' do canon.

 

Alcaldes do BNG, PSdeG, Anova e Compromiso volveron concentrarase en Compostela para mostrar o rexeitamento á suba da factura que pagan a Sogama en máis dun 33% e demandar do goberno galego que acepte abrir unha negociación. Os rexedores avogan ademais pola apertura dunha mesa de negociación sobre o modelo de xestión de residuos.

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez (BNG) leu o manifesto conxunto, escrito no que se pide ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que deixase de actuar “con arrogancia” e que acepte abrir un diálogo e negociación sobre o 'taxazo'. Estes concellos valoran tamén presentar un recurso contra a suba do canon e mesmo un peche na Xunta.

“Desmesurada”

Mais a man tendida ao diálogo é a aposta principal, lembran. Inisten en que a suba “desmesurada” do canon de Sogama prexudica en primeiro lugar á cidadanía, e poñen sobre a mesa que Xunta e a propia empresa asumen parte desa factura.

Este protesto vense sumar ao que os alcaldes realizaron a semana pasada. Daquela, o alcalde de Monforte, deixara claro que os rexedores que se opoñen ao taxazo non van a aplicar esta suba por tratarse dunha “imposición inxusta e inmoral”. “É unha subida desproporcionada e inxustificada que só se pode entender na medida en que Núñez Feijóo da prioridade á conta de resultados de Sogama e da empresa Gas Natural-Fenosa que as os problemas dos concellos e das familias”, subliñara Xavier Vence.