Amaiur no Congreso: “Notou melloras o ministerio do Interior tras a condecoración á Virxe do Pilar? Cales?”

amaiur

A esquerda abertzale presentou unha serie de preguntas na cámara española a raíz das declaracións públicas de altos cargos do goberno, como os ministros do Interior e de Emprego, apelando a figuras relixiosas para gobernar España.

O deputado de Amaiur Jon Iñarritu presentou unha serie de preguntas no Congreso español para a súa resposta por parte do goberno central. Cuestións nas que este parlamentario da esquerda abertzale inquiere ao ministro do Interior a súa opinión sobre “como intercede Santa Teresa de Jesús por España”.

As cuestións parten das declaracións públicas de membros do executivo central invocando a estas figuras relixiosas para que lles axudasen nas súas tarefas. Refírese Iñarritu á ministra de Emprego, Fátima Bañez, agradecendo á Virxe do Rocío os avances na loita contra a crise; ao ministro do Interior, Fernández Díaz, invocando a Santa Teresa de Jesús para protexer a España.

E tamén fai referenza o parlamentar abertzale ao feito de que o goberno impuxese a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil á Virxe do Pilar.

En base a isto, Amaiur, lembrando que o Estado español é aconfesional e que as declaracións antes citadas foron feitas por ministros no seu exercicio como cargo público, pregunta: “Cal é o papel da Virxe do Rocío na saída da crise? Notou melloras o ministro do Interior tras condecorar á Virxe? Cales?”.

As cuestións siguen: “Estima o Goberno que hai máis intercesións divinas e sobrenaturais na situación actual do Estado? De quen?”