MUNICIPAIS 2015

Anova concorrerá con candidatura propia en Ourense

Após a súa saída de Ourense en común presentará listaxe electoral aos comicios de maio.

 

Anova-Irmandade Nacionalista contará con candidatura propia nas eleccións municipais de Ourense. Así o anunciou nun comunicado de imprensa pendurado no seu portal web

Afirman que a decisión visa "ofrecer unha alternativa transformadora á cidadanía de Ourense" através dunha listaxe conformada por "un mestre, un técnico superior en produción por mecanizado, unha politóloga desempregada, un educador social, unha enfermeira, un albanel, un informático, un ordenanza, un funcionario de prisións, un profesor de instituto xubilado", entre outras persoas das que até o momento se descoñecen os nomes. 

Anova presenta a súa candidatura logo de ter retirado o seu apoio ao movemento político Ourense en Común, como tamén fixeron Compromiso por Galicia, Podemos e Iniciativa por Ourense. A ruptura produciuse froito da anulación das primarias nas que saíu elixido como candidato á alcaldía Xosé Mosquera (CxG) quen remataría por ser acusado de "carretaxe". 

Estoutra formación política tamén concorrerá de maneira independente aos comicios de maio. Pola súa banda, Ourense en común tamén presentará listaxe propia.