As leas do PP de Pontevedra sáldanse coa demisión de tres concelleir@s

Tres d@s 11 concelleir@s que o PP ten en Pontevedra presentarán a demisión por discrepancias co voceiro municipal. Unha lea que non foi quen de calmar nin o home forte do partido en Galiza, Alfonso Rueda, nin na provincia, Rafael Louzán, malia as xuntanzas das últimas horas

 

José Manuel Guillán, Celia Soto e Begoña Laya renunciarán á acta de concelleiras en Pontevedra, nunha decisión que amosa o nivel de crise e enfrentamento co voceiro municipal, Jacobo Moreira. A pesar da chamada á orde e as xuntanzas por parte de Alfonso Rueda e Rafael Louzán, homes fortes do PP galego e de Pontevedra, a crise non minguou. Nun principio falouse mesmo de que até 6 dos 11 edís poderían presentar a demisión.

A crise interna entre os populares pontevedreses xerouse pola supresión das dedicacións exclusivas d@s concelleir@s do PP, decisión adoptada por Moreira sen o coñecemento do resto d@s compañeir@s.