Axenda para o 23 de maio, último día de campaña
O BNG conclúe a súa campaña en Vigo, Compromiso faino en Ourense, AGE e o PP na Coruña, mentres que o PSdeG vai a Lugo.
BNG
-20 h, Vigo, Ana Miranda e Xavier Vence poñen o ramo á campaña eleitoral do BNG nun mitin na Estación Marítima, no peirao dos trasatlánticos.
Compromiso por Galicia
-20.30. Paulo Carlos López e Xoán Bascuas protagonizan o mitin de fechamento de campaña, en Ourense, no centro cultural do Banco de España, na rúa do Paseo.
AGE
-11 h, Lidia Senra, nun acto en defensa dos hospitais públicos, en Vigo; 20 h, mitin de fechamento de campaña, na Coruña, Palacio da Ópera, con Beiras e Yolanda Díaz.
PSdeG-PSOE
-20.30 h , mitin final de campaña en Lugo, no Hotel San Francisco, con José Blanco, o secretario xeral, Gómez Besteiro, e o deputado Eduardo Madina; 22 h, Blanco fecha a súa campaña no seu concello natal, Palas de Rei.
PP
-18 h, Feijóo, de retorno da súa xira española, mitinea en Monforte, no Restaurante don Manuel; 20.30, fechamento de campaña no Hotel Finisterre, con Feijóo e Millán Mon.