Axenda de campaña para o 15 de maio

pp

Hoxe é o día do debate bipartidista nas televisións estatais, o duelo Cañete-Valenciano. Mentres, na Galiza, o BNG mitinea en Santiago, Compromiso en Lugo, AGE en Vigo, o PP en Sada e o PSOE en Pontevedra.

 

 

BNG

-13 h, presentación da publicación O escano galego en Europa, editado pola fundación Galiza Sempre. Será no salón de actos da biblioteca Ánxel Casal, en Santiago. Estarán Camilo Nogueira, Rubén Cela,Ana Miranda e Xavier Campos, director da fundación Galiza Sempre; 20,30 horas: Vence e Ana Miranda oferecen un mítin na Praza do Toural, en Santiago.

Compromiso por Galicia

-Actos políticos en Taboadela (20 h), Lugo (20 h, no centro social Uxío Novoneyra, con Paulo Carlos López) e Marín (20.30 h).

AGE

-20 h, mítin de Lidia Senra, Beiras, Méndez Ferrín e Yolanda Díaz, no Auditorio Mar de Vigo.

PSdeG-PSOE

-20.30 h, mítin en Pontevedra, no Teatro Principal, co secretario xeral do PSE, Patxi López, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

PP

-20.30 h, mítin de Millán Mon en Sada, na Casa da Cultura.